Últimas 40 entradas á venda vía mail para Sinsal San Simón nos seguintes horarios. Os interesados deberán enviar un email a info@sinsalaudio.org dando o seu nome, DNI e número de entradas sen superar as 5 por persoa.
Por problemas alleos á organización vémonos obrigados a cambiar os horarios que inicialmente se presentaran. Os barcos pasan das 100 plazas iniciais a 150, polo que é necesario reagrupar á xente. A saída prevista para ás 16:00h dende Cesantes e a volta para ás 00:10h quedan anuladas e a xente que mercou entrada para estas horas terán que reubicarse nos novos horarios de saída e de volta. Para o cal pódese chamar ó teléfono 902 434443, anque Servinova porase en contacto con cada unha das persoas que comprou a entrada para esas horas.
ESCENARIO PASEO DOS BUXOS / 2uS 13.00h – 13:40h. / MARZIPAN MAN 13.45h – 14.25h. / MWESLEE 14.30h – 15.05h. / WOODEN WAND 18.00h – 18.45h. / BUKE AND GASS 19.40h – 20.30h. /
ESCENARIO SAN ANTÓN / MURMEL 15.15h – 15.50h. / JANE JOYD 15.55h – 16.30h. / BFLECHA 16.35h – 17.10h. / KELLIES 17.15h – 17.55h.
ESCENARIO ILLA DE SAN SIMÓN / LAETITIA VELMA 18.45h – 19.35h. / FAT 32 20.30h – 21.00h. / SECRET CHIEF3 21.00h – 22.30h.
Wooden Wand é un dos álter egos de James Toth, cantautor que leva unha década elaborando unha música escura, un folk tinguido de psicodelia que o leva, recentemente, a fichar por Young God Records, o selo de Michael Gira. Ao Festival Sinsal virá so, acompañado da súa propia guitarra, sen The Vanishing Voice, para presentar o seu último disco, Death Set, un novo achegamento ao lado oculto do New Weird America. Convertido xa nunha figura clave do underground americano, compartiu escenario con Sonic Youth, Sunn O))) ...
Haberá dous portos de saída e regreso, San Adrián de Cobres e Cesantes. Ao comprar a entrada débese elixir porto e horario de barcos entre as seguintes opcións. Neste Newsletter tamén se pode ver a programación por escenarios do festival e outros detalles das viaxes en barco cara a Illa.
Buke and Gass son unha especie de milagre, traballando dende as limitacións para crear sonoridades e ritmos únicos, un dúo que é unha banda. Ela, Arone Dyer, toca unha especie de ukelele modificado, el, Aron Sánchez, unha mestura entre guitarra e baixo, de aí vén o seu nome, o Buke é o instrumento dela e o Gass o del. Consiguen sonar completos sen programacións, tirando de pedais. O Escoitar a Buke and Gass é caer nunha espiral por momentos desenfrenada na que esqueces que escoitas a dúas persoas loitando por ser catro ...