Bardo Pond chegan dende os Estados Unidos, onde comezaron a súa carreira no xa lonxano 1991, movéndose nos seus vinte anos de carreira ininterrompida entre a psicodelia, o shoegaze e a improvisación. Con oito álbumes de estudio e innumerables colaboracións, Bardo Pond continúan nun lugar propio, reservado a moi poucos. Bardo Pond só se asemellan a si mesmos.
Luns 31 de outubro
Museo MARCO | Vigo
Chegan por fin Chrome Hoof a Sinsal, unha explosión de jazz, disco, funk e psicodelia futurista que foi unha das sorpresas do Primavera Sound 2010. Un grupo capaz de levantar ás audiencias de medio mundo cunha fórmula que bebe de moitas fontes para crear algo novo e único dunha mestura de tradicións ás veces opostas. Chrome Hoof son unha orquestra marciana, pura hetorodoxia musical dende Londres ...

Entre a performance, a arte sonora, o karaoke, e o concepto de vídeo-jockey, o xaponés Doravideo ofrecerá mañán martes 25 de outubro na Cidade da Cultura a súa párticular visión da sociedade nipoa.
Un espectáculo que no seu dia recibiu o premio Ars Electrónica (aínda que o rexeitou) e que presentou por todos os grandes festivais de electrónica e centros de arte contemporánea.
Martes 25 de outubro
Doravideo | Ciclo Ruido de Fondo | 5€
Cidade da Cultura | Santiago de Compostela
Venres 28 de outubro
Chroome Hoof | Festival Sinsal | 10€*
MARCO | Vigo
Luns 31 de outubro
Bardo Pond | Festival Sinsal | 10€*
MARCO | Vigo
...
Pamelia Kurstin hoxe na Cidade da Cultura. O Xoves 6 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Despois de deixar coa boca aberta ao publico que asistiu ó obradoiro de onte no MARCO (as fotos de abaixo), hoxe na Cidade da Cultura tedes a oportunidade de ver en directo á virtuosa do theremin Pamelia Kurstin.
CHEGA SINSAL OUTONO CON TRES NOITES DE MÚSICA NA MARXE. Bardo Pond chegan dende os Estados Unidos, onde comezaron a súa carreira no xa lonxano 1991, movéndose nos seus vinte anos de carreira ininterrompida entre a psicodelia, o shoegaze e a improvisación. Con oito álbumes de estudio e innumerables colaboracións, Bardo Pond continúan nun lugar propio, reservado a moi poucos. Bardo Pond só se asemellan a si mesmos.