Pechando esta edición do Festival: Nada mellor que unha festa para clausurar unha das edicións máis densas do Festival SINSAL. Contaremos co trío xaponés Ninsennenmondai (Masako Takada, na guitarra, Yuri Zaikawa, no baixo e Sayaka Himeno, na bateria), cunha das poucas banda de rock industrial en galego: Das Kapital e con dúas sesións DJ a cargo de Galis 115 e de Ningunos DJs, dous dos representantes galegos nesta última edición do Festival Sónar.
A banda norueguesa Ulver é hoxe un referente de culto pola súa experimentación continua durante as súas case dúas décadas de vida. Nados no 1993 na explosión da escena de black metal do seu país –Inner Circle, Burzum, Mayhem, etc.–, nunha primeira fase soaban escuros e intensos. Na seguinte época, deixan de lado esta estética e introdúcense na electrónica, o ambient, o trip-hop e mesmo o jazz; todo moi sintetizado nunha mestura complexa próxima ao rock industrial. A terceira, e ata o de agora última fase estilística destes inquedos músicos, …