Actividades, concertos, horarios e entradas do CLUB SINSAL no MARCO de Vigo.
Conferencias: Historia da Paisaxe Sonora.
Novas confirmacións: San Simón, Julia Holter, Destroyer e máis.
Chega Sinsal X inaugurando o CLUB SINSAL, un novo modelo de festival máis participativo. Nesta primeira edición do CLUB SINSAL no MARCO de Vigo contaremos co Espazo Súper8, grupos locais e proxección de Súper8 caseiros, o Espazo Laboratorio, revelado fotográfico e diferentes propostas entre a electrónica e a experimentación sonora, e o Salón Sinsal no auditorio con Phaedra e Montgolfier Brothers.
Tamén a Escola, con música e son explicados para os nenos, o Escritorio, onde atoparemos literatura, conversa e ritmo, as Performances, o Showroom dos alumnos de Belas Artes e de ESDEMGA e o domingo teremos sesión vermú
Despedímonos do ano 2011 cunha moi boa sensación. Nuns anos complicados, de crise económica, estamos mantendo a nosa oferta e afianzando a nosa posición. Máis de 3.000 persoas pasaron este ano polos nosos concertos, abrimos novas iniciativas no camiño de reinvención que xa é marca da casa. O 2011 será para nós o ano no que vimos nacer o Sinsal San Simón ou o AP9, dous proxectos que nos sirven para introducir os cambios que preparamos para o 2012, o noso décimo aniversario verá nacer novas propostas que xa vos iremos presentando.
Pechando esta edición do Festival: Nada mellor que unha festa para clausurar unha das edicións máis densas do Festival SINSAL. Contaremos co trío xaponés Ninsennenmondai (Masako Takada, na guitarra, Yuri Zaikawa, no baixo e Sayaka Himeno, na bateria), cunha das poucas banda de rock industrial en galego: Das Kapital e con dúas sesións DJ a cargo de Galis 115 e de Ningunos DJs, dous dos representantes galegos nesta última edición do Festival Sónar.
A banda norueguesa Ulver é hoxe un referente de culto pola súa experimentación continua durante as súas case dúas décadas de vida. Nados no 1993 na explosión da escena de black metal do seu país –Inner Circle, Burzum, Mayhem, etc.–, nunha primeira fase soaban escuros e intensos. Na seguinte época, deixan de lado esta estética e introdúcense na electrónica, o ambient, o trip-hop e mesmo o jazz; todo moi sintetizado nunha mestura complexa próxima ao rock industrial. A terceira, e ata o de agora última fase estilística destes inquedos músicos, …
Bardo Pond chegan dende os Estados Unidos, onde comezaron a súa carreira no xa lonxano 1991, movéndose nos seus vinte anos de carreira ininterrompida entre a psicodelia, o shoegaze e a improvisación. Con oito álbumes de estudio e innumerables colaboracións, Bardo Pond continúan nun lugar propio, reservado a moi poucos. Bardo Pond só se asemellan a si mesmos.
Luns 31 de outubro
Museo MARCO | Vigo
Chegan por fin Chrome Hoof a Sinsal, unha explosión de jazz, disco, funk e psicodelia futurista que foi unha das sorpresas do Primavera Sound 2010. Un grupo capaz de levantar ás audiencias de medio mundo cunha fórmula que bebe de moitas fontes para crear algo novo e único dunha mestura de tradicións ás veces opostas. Chrome Hoof son unha orquestra marciana, pura hetorodoxia musical dende Londres ...
Chegan por fin Chrome Hoof a Sinsal, unha explosión de jazz, disco, funk e psicodelia futurista que foi unha das sorpresas do Primavera Sound 2010. Un grupo capaz de levantar ás audiencias de medio mundo cunha fórmula que bebe de moitas fontes para crear algo novo e único dunha mestura de tradicións ás veces opostas. Chrome Hoof son unha orquestra marciana, pura hetorodoxia musical dende Londres ...
Entre a performance, a arte sonora, o karaoke, e o concepto de vídeo-jockey, o xaponés Doravideo ofrecerá mañán martes 25 de outubro na Cidade da Cultura a súa párticular visión da sociedade nipoa.
Un espectáculo que no seu dia recibiu o premio Ars Electrónica (aínda que o rexeitou) e que presentou por todos os grandes festivais de electrónica e centros de arte contemporánea.