Protección de datos

En SINSAL temos respeto polos teus datos e a túa privacidade. Os datos que posuímos no noso sistema son exclusivamente para os nosos servizos de información (Newsletter SINSAL) e para atenderte da mellor maneira posíbel. Cumprimos estritamente a Lei 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal: LOPD.

Temos os nosos ficheiros inscritos na Axencia de Protección de Datos, onde podes consultalos, como corresponde a todas as entidades que usamos datos persoais.

Podes acceder a eles e rectificalos en todo momento. Informamos de cales son os datos que usamos e como e para que o facemos. Se queres exercer o teu dereito ao acceso, rectificación, cancelación e oposición, só terías que enviarnos a túa solicitude xunto unha copia do NIF do titular a luis@sinsalaudio.org ou mediante correo postal: SINSALaudio, Velázquez Moreno, 29, 2, Oficina 2.

Evidentemente, tes a garantía de que en ningún caso serían cedidos a terceiros, pois son absolutamente confidenciais e tratados co máximo coidado. Contamos cun sistema de seguranza que impide a súa perda e evita a alteración ou accesos non autorizados.

Cando navegas por Sinsalaudio.org, xéranse cookies que son necesarias para o funcionamento dalgunhas partes da Web e para extraer estatísticas das visitas que recibimos. En calquera caso son anónimas excepto aquelas destinadas a conservaren o teu nome de usuarios e password cando te subscribes á nosa lista. Ten en conta que podes desactivar as cookies cando quixeres, desde o teu propio navegador.

En SINSALaudio opómonos absolutamente á práctica do spamming: ti és sempre quen decide se queres recibir este tipo de comunicacións.

Se tiveras algunha dúbida a respecto da nosa Política de Protección de Datos, entra en contacto connosco.